Ir ao contido principal

Acerca de SEO/BirdLife

SEO/BirdLife, a Sociedade Española de Ornitoloxía, é unha asociación científica e conservacionista fundada en 1954 dedicada ao estudo e á conservación das aves e da natureza. É, polo tanto, a decana das ONG de conservación da natureza en España, con máis de 50 anos de actividade ininterrompida. Está declarada de Utilidade Pública.

SEO/BirdLife traballa en todos os aspectos posibles para coñecer en que estado se atopa a avifauna do noso país. En 2023 conta con máis de 22.000 socios que apoian hoxe o noso labor e colaboran de diversas maneiras coa Sociedade.

Unha sede central en Madrid, 12 oficinas rexionais e 43 grupos locais en máis de trinta provincias realizan multitude de actividades.

SEO/BirdLife é a organización representante de BirdLife International en España, unha federación que agrupa as asociacións dedicadas á conservación das aves de todo o mundo e que ten representación en máis de cen países. Os fins e obxectivos de SEO/BirdLife desenvólvense de acordo cos seus Estatutos.

Programas de seguimento de SEO/BirdLife